Chrome Pointer

Hoxe toca decir adeus. Un adeus amargo.

Transcorría o luns 15 de novembro cando eu, Natalia, cheguei a porta do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, con unha bolsa na man co meu uniforme blanco que portaría durante as próximas 5 semanas de 3 da tarde a 10 da noite; con uns nervios que se apoderaban de min e un feixe de preguntas coas cales asaltaría as enfermeiras durante a miña estancia. Que se fará en Cardioloxía?, a miña compañeira de prácticas será simpática?, acolleranme ben na unidade?, serei boa enfermeira?


Unha das preguntas xa se me resolveu antes de chegar a unidade, coñecín a miña compañeira e a verdade e que conectamos bastante ben dende o primeiro momento, ela sería un gran apoio. Ao primeiro todo nos parecía demasiado complicado, mais co paso das semanas fomos gañando máis autonomía. 

Nada mais chegar, enterabámonos quen era a enfermeira a cargo das nosas habitacións esa tarde. Logo, facíanos con todo o necesario para mirar as constantes de todos os pacientes das habitación: a axenda de coidados para apuntar as medidas, os termómetros, unas gasas empapadas en Clorhexidina e o tensiómetro. Unha vez terminadas as nosas habitacións facíamos en conxunto as habitacións que lle correspondían a terceira enfermeira. Cando acabábamos tocaba, si había algunha irregularidade comunicarlla a enfermeira e rexistrar a información recadada no Gacela. 

Logo tocaba sacar a medicación das 4, soia ser pouca: un antibiótico por aquí, un paracetamol por alá, uns cantos Sintroms, e pouco máis. Unha vez sacada, acompañábanos a enfermeira a habitación para administrala. 

A continuación era a hora de inmersión no carro de medicación para sacar a medicación da cea. Entrabamos no Silicon e procediamos a buscar a medicación. Como case nunca estaba toda a medicación no carro moitas veces tiñamos que recurrir ao stock ou, en último caso o control do lado para pedir prestadas unhas cantas pastillas. Unha vez acabábamos, as enfermeiras revisaban todo e explicábanos todo moi detidamente. 

Cando o reloxo marcaba as 6 da tarde xa saltaban rapidamente as enfermeiras: “Ide merendar nenas!”. Ao principio eu mais Andrea subiamos a cafetería de persoal (na 5 planta) pero na última semana o persoal púxose en folga polo que pillabamos algo nas máquinas dos corredores e reuniámonos coas nosas compañeiras de Cirurxía Cardíaca para charlar na sala de persoal. 

As 7 é a hora das glucemias. Xa non facía falta que nos mandasen. Abriamos o Gacela, imprimiamos as glucemias e preparábanos unha batea con todo o necesario. Unha vez miradas (e si procedía) dabamos unha pequena picada no brazo para administrar a dose de insulina que lle correspondía a cada un. 

Feito esto, volvíamos acompañar a nosa enfermeira repartindo medicación. Feito isto, a nosa xornada laboral terminaba (a non ser que, como pasaba a maioría das veces, subira algún ingreso de última hora). 

Todo este horario que vos acabo de comentar soará demasiado monótono pero, non sabedes o gratificante que é que entres pola habitación e que che digan “ e que ti xa nos curas soamente coa sonrisa”, ou “xa estás aquí, pensei que non viñas, estaba esperándoche” ou “volve por aquí, non te olvides de min”. Esas frases énchenme de forzas. 

A parte que, entre esa rutina suceden outras moitas cousas: algunha que outra intramuscular, preparar algún que outro pitufo, algún que outro ECG, revisar telemetrías. Pero, o mellor sen dubida e cando hai analíticas de urxencia e mais se a túa enfermeira chas deixa pinchar a ti. Sempre recordarei a miña primeira analítica a miña primeira analítica. Foi un momento moi importante pa min cando vin que o sangue trascurría sen ningunha dificultade polo tubo. Nese momento desapareceron todos os meus medos porque, unha cousa e que se che dea ben a profesión na facultade e outra, ben distinta, e valer para desempeñala. Nese momento deime conta que eu podía. Eu valía para eso. 

Estas cinco semanas terminaron, con unha gran pena teño que despedirme de todos os enfermos e enfermeiras de planta. Solo me queda dar gracias por todo o que me ensinaron e todos os valores que me inculcaron. 

Imagen relacionada


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Día 15A: Intramuscular!

Día 13A: O temido EIR

Dia 5A: Primeira semana superada con éxito!